lunes, 7 de noviembre de 2011

Castro de Eiravedra

Hola participantes dos nosos recunchos da memoria.
Querovos contar como esta fin de semana elavorei o meu traballo desta etapa castrexa. Dende pequena veraneo cos meus avós nun pobo de narón chamado Pedroso este pobo e veciño de Sedes donde se encontra situado no alto do monte eiravedra: O Castro Eiravedra. Todos os anos, os veciños de sedes recrean no castro e na feira a lenda orixinaria do castro e tamén como facian as tarefas da vida cotiá: comian, vestian, cazaban, facian a artesanía,... .Recollín toda a información do libro de Andrés Pena Graña " NARÓN un concello con historia de seu" e mais dos veciños de sedes que moi amables me proporcionaron moita informacion descoñecida como por exemplo que nun monte preto do castro existe un foso comun e unha fonte cunha lenda relacionada coa do castro.O castro consta de duas entradas que se unen nunha principal, unha muralla de pedra e terra que defendia o castro, o entrar vense dous ante castros e despois nun alto vense os restos das pedras que quedaban das vivendas e tamen unha pequena muralla que se cree que era da casa de xuntanza. No castro atopáronse restos de ceramica, como pratos.
  Tamén vos quero contar que nos altos dos montes de sedes cerca do castro atopase un parque eólico cun mirador donde se pode ver a ria de ferrol e a cidade.
  Aquí vos deixo un video explicando un pouco do que consta o castro e a miña experiencia:


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario